Polo compromiso coa calidade da atención educativa, na etapa 0-3, a Xunta de Galicia ven de invertir 400.000 mil euros para a mellora das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, que conta co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %.
Estas axudas para investimento, teñen como obxectivo mellorar a calidade da atención educativa nestas escolas, ao posibilitar o reacondicionamento de espazos, a creación de ambientes favorecedores de aprendizaxe e a integración das novas tecnoloxías nas aulas.
A contía máxima que pode recibir cada escola é de 25.000 euros, 15.000 para obras de mellora e 10.000 para equipamento, mobiliario, material didáctico e novas tecnoloxías.
A nosa escola, Rubido Romero, recibiu un total de 15.563,93 euros, para un gasto total subencionable de 15.563,93 euros, coa seguinte desagregación:
– Infraestructuras. Obras menores de adecuación e mellora, por un importe de……10.309,08 euros ( porta corredeira exterior de tres follas, porta para o baño das crianzas situado no xardín, canalón para a recollida de augas do teito da galería, vaia con cancela para acotar unha zona do exterior, apertura de ventá en aula, marco da ventá en madeira lacada, lumínicos led para as aulas, tres radiadores-acumuladores de calefacción, e tres cubrerradiadores de madeira como protección ).
– Equipamento, para un mellor desenvolvemento da actividade, por un importe de ……..4.925,91 euros ( lavadora industrial , dispensador vertical con pedal de xel hidroalcohólico, e unha cociña de xogo ).
– Novas tecnoloxías, cun importe de ………328,94 euros ( dúas tablets , que nos permitan un maior rendemento na utilización da APP ).
Esta axuda pública, que ascende a 15.563,93 euros, está cofinanciada nun oitenta por cento (12.451,14 euros), polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia, 2014-20.
Publicado pola Escola Infantil Rubido Romero.