RECOMENDACIÓN PARA AS FAMILIAS:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/actividades
Dirixido a :
Familias con crianzas de 0 a 3 anos.
Data, hora e lugar:
Mér, 24/03/2021 – 17:30
Espazo Apego: Rúa da República do Salvador, 12 – entresollado. 15701 Santiago de Compostela
Prazas:
17
Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretan e apréndenlles ás familias participantes neste pequeno obradoiro algúns arrolos cos que adormecer, aleitar, e tamén cos que gozar da música nos primeiros días e meses de vida. O obxectivo do grupo Mamá Cabra dende o seu nacemento é o de transmitir o gusto pola música dende a primeira infancia e este obxectivo comeza a acadarse nas voces das súas familias coas que comparten estas cancións para arrolar en galego.
Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.