O venres 23 de Novembro celebramos o magosto coa visita da “Castañera” que nos trouxo catañas quentiñas para todos/as. Os días previos preparamos uns medallóns co debuxo dunha castañera e tamén uns cestiños para as castañas que fixemos cos cartóns do leite e castañas de cartulina decoradas polos/as nosos/as peques.
Cantamos, bailamos, probamos as castañas e fixemos unas fotos moi divertidas co photocall da castañera. Toda a escola disfrutou desta festa tradicional con tanto carácter.