A IMPORTANCIA DA ASAMBLEA NA AULA INFANTIL
A rutina da Asamblea constitúe unha das rutinas máis importantes de todas as tarefas que realizamos ó longo da xornada escolar. É a primeira actividade da mañá, e dela e da súa estructuración vai depender en gran medida, o éxito ó longo do día.
Tarefas diarias que se fan na Asamblea:
- Sentarnos na colchoneta.
- Cantar a canción dos “Bos días”.
- Pasar lista e poñer no mural da escola a aqueles nen@s que estean na aula, contando cantos hai e cantos quedaron na casa.
- Poñer a data no panel de “¿Que día é hoxe?”.
- Cantar a canción dos “Días da semana”.
- Rexistrar o tempo atmosférico asomándose á fiestra, e poñéndoo no panel “¿Que tempo fai?”.
- Repasar os conceptos básicos que esteamos a ver na unidade.
- Establecer as actividades que se realizarán durante a xornada.
AULA LILA (Mañana)