Esta semana estivemos aprendendo moitas cousas sobre as uvas, a súa recollida e o pisado para facer o zume. E, como non podía ser de outra maneira, o venres levamos á práctica todo o aprendido cunha divertida… Vendima! Con esta actividade tratamos de achegar as tradicións da nosa terra aos máis peques. Desta maneira os peques vanse familiarizando co entorno que lles rodea, aprendendo así a apreciar as tradicións e os costumes dende pequenos.
Toda a escola traballou na colocación das vides e todas as familias participaron traendo uvas e follas da vide… moitas grazas a tod@s!!!
Despois de explicarlles a actividade comezou a recollida da uva que foi…un éxito total! Logo de botalas nos cestos tocou a hora de pisalas e para iso tivémonos que descalzar e agardar o turno. Durante o pisado houbo todo tipo de sensacións e reaccións… as profes tamén probamos!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Aulas Naranja y Amarilla