Benqueridas familias, como todos os anos, este tamén houbo despedida.
O pasado 27 de Xullo, celebramos na Escola Rubido Romero P.E. Antares a festa de fin de curso 2017 – 2018 con todas as familias para festexar todos xuntos que algúns nenos e nenas, alumnos desta escola, deíxannos para marcharen ao “colexio de maiores” e vivir unha nova aventura.
Unha vez máis este encontro festivo coas familias foi moi emotivo, algo inevitable. Aínda que sabemos que así é o camiño sentimos unha grande tristura polos nenos e nenas que se van na procura de novos retos no seu desenvolvemento escolar e persoal.
Aquí compartimos algúns deses momentos especiais….
Dámoslle a enhoraboa a todos e todas, desexamos moito éxito aos que empezan unha nova etapa.