Hábitos e rutinas dan sentido os nenos/as que empezan una nova etapa na súa vida: A ESCOLA INFANTIL, lugar onde compartir espazos, xoguetes, xogos…amigos/as.
A escola infantil é o espazo idóneo para socializarse e aprender normas e pautas de comportamento socialmente aceptadas e valoradas por todos. Polo tanto, dende o inicio, a escola debe coñecer aspectos individuais de cada alumno/a para colaborar na súa adaptación e non romper de golpe as súas rutinas cotiás ( sono, alimentación…) e así ir avanzando coas normas que rixen na aula o longo de cada xornada.
Si traballamos a cotío as rutinas de forma sistemática e placenteira os nenos/as adquiren as dinámicas da aula con rapidez e a gusto, participando de forma activa en tódalas actividades que se lles propoñan. Si marcamos pautas claras e sinxelas, eles e elas, van asimilando e formando os seus esquemas mentais que lles darán seguridade a hora de actuar.
SI EDUCAMOS BEN, APRENDEMOS BEN:
Esto significa que nos, os adultos que convivimos e participamos na crianza dos nenos /as somos os MODELOS coa nosa forma de actuar, de falar, de mirar, de escoitar… para que eles/a aprendan ben. Nos temos a responsabilidade de ser “MODELOS IDÓNEOS” coas nosas actuacións , que son todas educativas, dende ensinar a sentarse, a colocar en orden os xoguetes, respetar o turno… , e todo aquilo que leva a una convivencia pacífica e respetuosa. Sen esquecer os roles de sexo, o respeto o medio ambente, a diversidade de persoas, costumes e culturas.
A ESCOLA INFANTIL é un pequeno mundo que forma parte dun gran descubrimento que vai axudando os nenos /as a medrar sás e felices, colaborando na resolución de conflictos/ problemas e na expresión das súas emocións a través do xogo, una maneira divertida de descubrir e explorar o mundo que os rodea.
“ APRENDEMOS XOGANDO”
Aula Lila – Tarde