O OUTONO CHEGOU Á AULA AMARELA
Coa chegada do outono estámonos preparando para recibir con alegría esta estación, na que caen as follas das árbores e cambian a súa cor verde pola cor amarillenta ata que se secan e se van ao chan; as temperaturas comezan a ser máis frías e temos que abrigarnos máis. Os días son máis curtos, temos menos horas de luz e tamén hai máis días de choiva. No outono, maduran e recóllense moitos froitos como as castañas, mazás, noces, peras, uvas, laranxas, limóns…E a paisaxe báñase de múltiples cores e tonalidades de gran fermosura.
Os nenos e nenas as están decorando as aulas coas súas propias creacións para recibir esta fermosa estación. Van a experimentar, coñecer e manipular todos os elementos que o outono nos regala.
Na aula amarela estivemos pintando, con pintura de dedos de varias cores, en papel de periódico, unhas follas para elaborar unha árbore que imos colocar na ventá da aula. Aquí deixamos unhas mostras do noso traballo.
AULA AMARILA