Estamos no outono
xa caen as follas
as árbores alegres
préstannolas todas.
O solo está brandiño
paréceme unha alfombra.
Hai cambios no contorno
o tempo está máis frío
poñémola manta
cambiamos de vestido.
Poñémola chaqueta
e mailo calcetín
eu fágome maior
eu xa me sei vestir.
Facémola vendima
facemos o magosto
facemos samaín
xa co abrigo posto.