12 DOCES do OUTONO
O domingo 28 de outubro arranca a programación de 12 doces do outono que ocupará catro domingos en total (28 de outubro/4, 11 e 18 de novembro) cunha proposta moi interesante de espectáculos familiares. Entre as propostas atópanse Caramuxo teatro coa obra “Zapatos” (28 de out.) e Teatro ó cubo coa obra “Nube nube sol” recomendadas especialmente para pequenos.
Todos os asistentes levan un doce típico do outono e cando remata a función todos os asistentes reúnense para compartir unha agradable merenda.
Unha proposta moi, moi apetecible!
AULA NARANJA